Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Seis de cada dez mozos atopan choio ao rematar

A FP segue axilizando o emprendemento e o traballo estábel

Educación destaca a rapidez cara o mercado laboral vía FP. Tamén advirte que a taxa de inserción laboral condicionará o futuro de titulacións universitarias.

Redacción - 09:00 26/04/2007

Segundo os datos do último curso analizado, o 2003-2004, o 62,4% dos mozos e mozas que rematan os estudos de Formación Profesional accederon en pouco tempo a un emprego fixo no sector privado. Doutra banda, a taxa dos que se deciden pola actividade emprendedora e deseñan a súa propia empresa chegou nesa altura ao 18% entre os que finalizaran estudos de FP.

As cifras foron explicadas este mércores pola conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, quen destacou que en seis meses o 80% dos titulados conseguiron emprego, un 13% máis respecto ao curso anterior. Indicou tamén que un elevado número de rapaces decidiuse tamén por continuar estudos optando a ciclos de FP de grao superior ou pasando ás universidades.

Doutra beira, o director xeral de Ordenación e Calidade no Sistema Universitario, Xosé Ramón Leis, referiuse aos novos criterios aos que deberán adaptarse as titulacións universitarias, coa adaptación ao espazo europeo que en Galiza comezará no curso 2008-2009. Leis recordou que un dos indicadores que determinará que as carreiras consigan a súa acreditación como titulacións oficiais é a taxa de inserción laboral que demostren. Malia iso, matizou que esa taxa vai variar segundo criterios específicos para cada titulación.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: