Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe do conselleiro de Economía

O crecemento económico e a creación de emprego manteranse en 2007

Fernández Antonio explicou no Parlamento que a evolución positiva de 2006 permitiralle a Galiza seguir medrando por riba da media estatal e europea cara a converxencia.

Redacción - 14:50 24/04/2007
O conselleiro explicou no Parlamento a situación actual da economía

O conselleiro explicou no Parlamento a situación actual da economía

O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, explicou esta terza no Parlamento a marcha da economía galega. Esta manterá niveis positivos no actual exercicio, que se traducirán nun crecemento do PIB por riba da media estatal e europea, nunha forte creación de emprego, e nun reforzo do potencial de crecemento, segundo Fernández.

“Todo fai prever que o exercicio 2007 será semellante en termos de crecemento e progreso ocupacional; que seguiremos camiñando pola virtuosa senda do crecemento”, asegurou. Para o presente exercicio, segundo expuxo, as previsións da Xunta recollen un crecemento do PIB do 3,7%, un incremento do 2,9% na creación de emprego, e un aumento do investimento produtivo do 5,5%.

No balance do ano 2006, Fernández Antonio salientou o aumento que se produciu na produtividade, do 1,1%, e o "incremento do poder adquisitivo dos traballadores, que viron medrar os seus salarios por riba do incremento dos prezos".

Bo comportamento do sector industrial

Ademais, segundo o titular de Economía do Goberno, os dous principais factores da evolución do PIB dende 2005 son o bo comportamento tanto do sector industrial como das exportacións das empresas galegas

O conselleiro explicou que a economía galega liderou o crecemento español cun 4,1% en 2006, e que duplicou as taxas estatais de produción industrial e exportacións. "O mercado laboral amosou un excelente resultado co incremento da taxa de actividade, a creación de 34.100 empregos, e a redución do paro até a taxa máis baixa dos últimos vintecinco anos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: