Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres milleiros de persoas saíron á rúa en Ourense

Proseguen as mobilizacións para esixir o paso da A-76 por Trives

Consideran que a infraestrutura é indispensábel para revitalizar as comarcas do interior

Redacción - 11:27 16/04/2007

A Plataforma pro A-76 convocou este domingo unha manifestación en Ourense á que se sumaron tres milleiros de persoas. Veciños dunha vintena de municipios da provincia esixiron que o goberno central manteña a infraestrutura polas comarcas de Trives e Caldelas, en vez de facelo pola Terra de Lemos.

Os veciños saíron á rúa con lemas como “queremos ter futuro na nosa terra”. Os membros da plataforma sinalan que comarcas como as de Trives ou Terra de Caldelas sofren un déficit histórico de infraestruturas que dificulta a chegada de empresas que dinamicen a economía local.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: