Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presionan para que se autoricen outros 250MW

A patronal eólica recorre a última concesión de parques de vento

A afectación a bens de interese cultural e espazos en Rede Natura fixo que Industria só autorizase 511 dos 750 MW pendentes.

Redacción - 09:00 13/04/2007
Tags: eólica EGA

Desde a Asociación Eólica de Galiza din que a resolución da Consellaría de Industria e Innovación impide que se instale a potencia eólica comprometida anteriormente cos empresarios. Aseguran que "racha o principio de seguridade xurídica" ao "crebar" compromisos oficiais da administración.

Por ese motivo, presentaron diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso contencioso administrativo fronte á resolución do pasado 29 de xaneiro. Ao tempo, quéixanse de que a consellaría "négase a dialogar" ao respecto.

Na práctica, a orixe do problema está nos plans herdados do anterior executivo. Dos 750 Megavatios pendentes de adxudicar, o goberno actual insistíralle aos promotores que os proxectos debían ser revisados e adaptárense aos criterios estabelecidos. Na fin do proceso, a avaliación de Industria decidiu os proxectos que cumprían os requirimentos, adxudicando iniciativas que en total só suman 511 megavatios.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: