A proposta de aproveitamento eléctrico proxecta bombear auga no embalse de Santo Estevo até un encoro artificial no cumio do canón.
Trátase dunha central de bombeo que estaría no embalse de Santo Estevo, no concello de Parada do Sil, e desde onde se eleva a auga até un encoro artificial de 37,5 hectáreas, 800 m arriba do río na cima do canón. Dende aquí deixaríase caer por gravidade para turbinala e producir electricidade. Tanto o encoro como as quilométricas conducións subterráneas sitúanse nas ladeiras do Canón do Sil, Lugar de Interese Comunitario e espazo integrado na Rede Natura galega.
"Esta obra faraónica implica un importante movemento de terras e unha intervención profunda (e nunca mellor dito xa que furaría todo o macizo) nun espazo protexido, provocando un ferinte impacto paisaxístico nun lugar onde é precisamente a paisaxe o seu valor fundamental, foco de atracción turístico a nivel europeo", advirten desde Adega.
Máis no Canal Verde.