Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vicepresidencia pide un salario de 600

O goberno español propón axudas de 487 euros para os familiares de persoas dependentes

O departamento de Anxo Quintana considera pouco ambiciosas as cantidades que manexa o Ministerio de Traballo.

Redacción - 19:50 11/04/2007

O ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, propuxo que os coidadores de familiares dependentes reciban un salario mensual de 487 euros. A Vicepresidencia da Xunta considerou esta cantidade pouco ambiciosa e traballa nunha cifra próxima aos 600 euros que cobran as mulleres vítimas da violencia de xénero.

Ao departamento que dirixe Anxo Quintana tamén lle parece insuficiente o fondo extraordinario de 100 millóns de euros que achegará o ministerio para a construción de centros de día e residencias. Para Vicepresidencia, o fondo debería aumentar para satisfacer a demanda actual e futura destes servizos.

Por outra banda, o departamento autonómico pretende que o investimento por cada persoa dependente sexa de arredor de 2.000 euros, fronte aos 1.014 que suxire o ministro. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar confía en que Caldera sexa receptivo ás súas propostas para chegar a un acordo final no Consello Territorial da Dependencia, que se reunirá a vindeira semana.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: