A empresa inaugura este martes as instalacións en Alcalá Meco
O conselleiro delegado de Inditex, Pablo Isla, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, van inaugurar este martes unha plataforma loxística de Inditex en Alcalá Meco. O grupo galego puxo cen millóns de euros para pór en marcha en proxecto. O novo centro vai xerar 1.500 postos de traballo directos e outros 2.800 indirectos.
Con esta nova nave, Inditex pretende aumentar a súa capacidade de distribución ás tendas. Na actualidade o grupo coruñés conta 2.900 tendas en diferentes países. O espectacular crecemento desta empresa situouna en poucos anos entre as principais firmas do mundo.