Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En número de procedementos abertos pola UE

Galiza sitúase á cabeza do Estado en infraccións ambientais

Ocupa a segunda posición por comunidades autónomas, tan só superada por Castela e León. Mentres, Adega denuncia un recheo no Complexo Húmido de Corrubedo.

Redacción - 18:55 09/04/2007

Galiza sitúase, xunto a Valencia, como a segunda comunidade autónoma con máis procedementos abertos pola Unión Europea por infraccións á normativa ambiental comunitaria, entre os anos 2004 e 2005, segundo un informe do Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE).

Así, á esta abríronselle un total de 22 procedementos, ao igual ca en Valencia, ambas as dúas só superadas por Castela e León, con 28. Tras estas tres zonas, atópanse Andalucía (17), Castela-A Mancha (16) e Canarias (13).

Pola contra, o informe sinala que entre as autonomías con menos procedementos abertos están Cataluña (9), Murcia (9), Euskadi (8), Aragón (7), Asturias (7), Baleares (7), Madrid (6), Estremadura (3), Navarra (3), Cantabria (2) e A Rioxa (1).

Recheo en Porto do Son
Por outra banda, a organización ecoloxista Adega denunciou este luns construción dun recheo na parroquia de Seráns, Porto do Son, ao carón da granxa mariña de Nastos, no Complexo Húmido de Corrubedo (catalogado como Lugar de Interese Comunitario, LIC), e dentro da zona de protección de costas.

Nesta área, están presentes hábitats de interese europeo, e incluso prioritarios (protexidos pola Directiva 92/43 CEE), tal como as dunas costeiras e as móbiles, así como a súa característica vexetación.

Adega sinal ademais que se están a incumprir as leis de Costas, do Solo e de Conservación da Natureza, dada a localización do recheo. Pregúntanse quen foi o responsábel de dar os permisos para esta actuación e, se non os hai, como é posíbel que se produzan con tanta frecuencia e impunidade este tipo de accións, que non poden ser botadas para atrás unha vez feitas.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: