Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PSdeG critica a "estratexia de atraso" do PPdeG

A lei de protección do litoral estará en vigor desde o 10 de maio

O voceiro de urbanismo dos socialistas, Abel Losada, avisou de que as emendas presentadas polo PPdeG "desvirtúan" a lei e buscan o "control político" dos concellos.

Redacción - 09:45 08/04/2007

Os socialistas anunciaron este sábado que a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación Territorial e de Protección do Litoral poderá aprobarse xa o próximo 8 de maio. Ao tempo, criticaron a "estratexia de atraso" coa que aseguran que actúa o PPdeG.

Entre os obstáculos que lle achacan aos populares pola súa galería de emendas está que "non teñan en conta" a vivenda protexida ou que propuxesen "explicitamente" ideas como a de suprimir a construción de vivenda protexida, eliminar esixencias para o respecto dos criterios de sustentabilidade ambiental ou rexeitaren a creación do Instituto de Estudo do Territorio. Repróchanlle tamén aos populares que pidan que a lei entre en vigor vinte días despois da súa aprobación no canto de só un par de días, como é habitual.

O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, acusou aos populares de tratar de reincidir nos erros das políticas aplicadas polo anterior executivo que, na súa opinión, "buscaba o beneficio dos particulares no canto de favorecer os intereses xerais". Rego subliñou que a nova norma vai respectar "escrupulosamente" as competencias estabelecidas e destacou que vai poder "perfeccionarse" para responder e condenar as accións especulativas que se detecten en materia urbanística.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: