Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os ecoloxistas piden unha protección real

Aumenta o espazo incluído na Rede Natura nun 20%

A Consellería de Medio Ambiente percibía unha descompansación entre o territorio galego que formaba parte da Rede Natura e a superficie do mesmo.

Redacción - 12:24 03/04/2007
Lagoa da Frouxeira/ Foto: Vorjales

Lagoa da Frouxeira/ Foto: Vorjales

Medio Ambiente acaba de anunciar un incremento do 20 % no espazo incluído dentro da Rede Natura, por considerar que existía un desfase entre a superficie do territorio que facía parte da Rede Natura e a superficie con riqueza ambiental do noso contorno. Esta medida tamén suporá o incremento dos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e zonas de especial protección de aves (ZEPA).

Entrementres, ADEGA denuncia que se están a realizar dúas edificacións en espazos incluídos dentro da Rede Natura: na lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, zona de especial protección de aves e inserida no LIC da Costa Ártabra e dous chalés dentro do Parque Natural de Corrubedo. As dúas edificacións contan co beneplácito da fiscalía. A asociación ecoloxista interpuxo dúas denuncias que foron arquivadas.

Ademais, no caso de Valdoviño, a obra afectaría ao perímetro necesario para preservar o Castro da Frouxeira, mais a dirección xeral de Patrimonio deu o seu permiso alegando que a localización do castro é errada. Por outra parte, as obras de Corrubedo comezaron en agosto do ano pasado, cunha licenza do concello de Ribeira e informe favorábel da Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente en febreiro do 2005, a pesar de que o espazo elixido está incluído no Parque Natural, nas proximidades da Lago de Vixán.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: