Trichet sinala que o endebedamento no estado español é moi alto e “non necesariamente sostíbel”.
O presidente do Banco Central Europeo, Jean-Claude Trichet, sinala nunha entrevista publicada polo xornal Expansión que ve “unha desaceleración dos mercados inmobiliarios” e cita en particular o caso do estado español. Tamén sinala que “España ten un nivel de investimento moi alto, que non é necesariamente sostíbel a longo prazo”. Fala do gran número de aforros das familias que se están a canalizar cara o mercado inmobiliario.
As declaracións de Trichet coinciden coas do presidente da Confederación Española de Caixas de Aforro, Juan Ramón Quintás. Este último aseguraba que as caixas están a traballar nun escenario que contempla un freo radical nos prezos das vivendas. Quintás opina que entre 2008 e 2009 a inflación dos inmóbeis pode oscilar entre un -1 e un 1%.