Segundo unha enquisa publicada este domingo por The Sunday Times, un 26% dos británicos cre que o seu goberno debería ceder ás esixencias de Teherán e presentar desculpas formais.
O estudo sinala tamén que un 48% dos votantes británicos non estaría de acordo cunha hipotética acción militar contra Irán para rescatar os quince militares detidos desde o pasado 23 de marzo.
Porén, un 17% dos consultados son partidarios da imposición de sancións ao réxime de Ahmadineyad mentres que un 7% considera que Londres debería preparar un ataque militar no caso de que non prosperen os esforzos diplomáticos, polos que apostan o 40% dos participantes na enquisa.