Foron apresados cando rexistraban un buque con bandeira de Irán por sospeitar que se dedicaba ao contrabando de coches.
Segundo informa a BBC, quince mariños foron detidos a punta de pistola a primeira hora da mañá deste venres cando estaban a rexistrar un buque iraniano sospeitoso de contrabando.
Forzas iranianas son as responsábeis da detención polo que a ministra británica de Exteriores, Margaret Beckett, xa convocou ao embaixador do país árabe en Londres para esixir a inmediata liberación dos detidos.
“Estamos xestionando ao máis alto nivel e de xeito urxente este problema coas autoridades iranianas” asegura Beckett nunhas declaracións recollidas pola BBC.