Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALA DE GRAVES IRREGULARIDADES

Greenpeace acudirá á UE se a Xunta autoriza as piscifactorías do Son e Quilmas

A organización subliña que a empresa ocultou datos no estudo de impacto ambiental

Redacción - 14:23 29/03/2007
Stolt é unha das maiores multinacionais piscícolas / Foto: Chundereta

Stolt é unha das maiores multinacionais piscícolas / Foto: Chundereta

Nas súas alegacións, Greenpeace salienta “as graves carencias” que se aparecian nos estudos de impacto ambiental que presentou a empresa promotora. Din que a declaración de interese supramunicipal é fraudulenta e que só ten como fin “axilizar os trámites”. Greenpeace considera que tal declaración ten que estar reservada a instalacións de interese público e non a empresas como Stolt Sea Farm que “dende a súa piscifactoría de Cabo Vilán estivo realizando vertidos sen permiso durante dous anos nun espazo da Rede Natura 2000”.

A organización internacional tamén subliña que a planta de Porto do Son e a ampliación da de Quilmas (Baroña) non poden estar xustificadas porque aínda non se determinaron os parámetros físicos químicos e biolóxicos necesarios. Como exemplo, destacan que no caso de Quilmas a empresa non menciona no seu proxecto que a zona é un Lugar de Interese Comunitario (Carnota-Monte Pindo).

Flora e fauna marítima
Mais a lista de carencias nos estudos de impactos ambiental non se pecha aí. Greenpeace sinala que a empresa omite no seu informe as especies de flora e fauna marítima que hai na zona e só fai referencia ás terrestres. Por todo isto, o colectivo pídelle á Xunta que rexeite estes proxectos e advírtelle que se os aproba van denunciar o caso diante das autoridades europeas.


3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: