Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Francisco Castro presenta 'Spam' en Carballo

Noite de literatura e música

A Rede Galega de Música ao Vivo programa dous concertos a cuarta feira.

Redacción - 18:46 28/03/2007
Francisco Castro

Francisco Castro

Francisco Castro presenta o mércores á noite a súa obra Spam na taberna café O Patacón, de Carballo. O escritor falará do seu libro dentro do proxecto Literactúa, que promove o Servizo de Normalización Lingüística do concello carballés. A parte musical poñerana o baixista Álvaro Muras e o percusionista Víctor Charly, que ofrecerán un repertorio de funk-fusión instrumental. A cita é a partir das oito e media do serán.

A mesma noite, a Rede Galega de Música ao Vivo ofrece dúas actuacións. En Compostela, a partir das once menos cuarto, Renato Spencer & Café Caxaça tocarán na Borriquita de Belém, en Santiago de Compostela. Ás once, Coda tocará en El Ensanche, en Vigo.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: