Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Cartafol

Xestionado por Héitor Mera
RSS de Cartafol
A cousa vermella e Xeración perdida, Premio Cartafol 2004

Olga Novo e Francisco Castro gañan o Premio Cartafol

Os críticos literarios do Cartafol de Libros decidiron que os mellores libros editados en Galiza nas modalidades de narrativa e poesía durante o ano 2004 son Xeración perdida, de Francisco Castro, e A cousa vermella, de Olga Novo.




- 21:28 16/05/2005
Tags:

O xurado, composto por Moisés Barcia, Carlos Freire, Xosé Manuel G. Trigo, Helena González, Isaac Lourido, Héitor Mera, Penélope Pedreira, Manuel Rodríguez e Xandra Santos, considerou que estas dúas obras destacan entre toda a produción editorial galega do ano pasado pola súa orixinalidade e execución. Con todo, estima que a elección foi difícil, ao ofreceren tamén un alto grado de calidade as obras finalistas.

Con esta iniciativa o equipo do Cartafol de Libros desexa destacar e impulsar a lectura das obras recentes máis relevantes da produción editorial galega, que en moitos casos non atopan recoñecemento á súa calidade en forma de galardóns ou dun posto destacado nas listas de vendas.


0/5 (0 votos)