Durante a Asemblea Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (
CTNL), este venres 16 de marzo en Compostela, tivo lugar a escolla da nova xunta directiva: Nel Vidal Barral (técnico de normalización lingüística do Concello de
Carballo, impulsor do programa
Literactúa) é o novo presidente. Como secretario queda Xusto A. Rodríguez Río (técnico de normalización lingüística da
USC no Campus de Lugo), e como tesoureira mantense tamén Anxos Sobriño Pérez (so Servizo Lingüístico de Xustiza). Os novos vogais son Iván Méndez (lingüista da Oficina de Software Libre da Universidade da
Coruña), Dores Sánchez Alegre (técnica de normalización lingüística da Deputación da
Coruña) e Roberto Rielo Iglesias (técnico de normalización lingüística do Concello de Teo), e continúan con este cargo Rosa Moreiras Cuñarro (técnica de normalización lingüística do Concello de Ames), Olga Patiño Abeixón (dinamizadora sociolingüística da Cooperativa Tagen Ata) e Rosario Pérez Magdalena (técnica do
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia).
Entre as accións planificadas pola CTNL para este período, é prioritario defender os intereses xerais das persoas que traballan na normalización lingüística e a dignidade das condicións de traballo. Para iso quérese desenvolver un plan de actuación perante as convocatorias de prazas e contratacións para os servizos lingüísticos das administracións públicas. Tamén é fundamental promover a formación continua: un curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística, outro sobre a avaliación de tarefas en normalización lingüística, unha xornada sobre servizos lingüísticos e bancos de tempo, ou un curso de xestión administrativa para técnicos/as de SNL e SL na Administración pública son algunhas das propostas. Ademais, continuarase traballando en eventos xa consolidados como os Encontros para a normalización lingüística do
Consello da Cultura Galega ou o Curso de dinamización lingüística da Universidade da Coruña.