Os galegos seguimos a ser os que temos menos terreos hipotecados do Estado.
Segundo datos do instituto estatal de estatística (INE), en xaneiro no noso país contabilizáronse 280 terreos hipotecados por cada 100.000 habitantes, por debaixo do resto das comunidades do Estado. O extremo contrario ocúpano Murcia, con 693, e Canarias, con 684.
O importe medio das hipotecas galegas situouse no mes analizado en 117.746 euros, cun incremento do 13,2% con respecto a xaneiro de 2006. A proporción do aumento foi idéntica á do conxunto do Estado, aínda que o custo das hipotecas nese ámbito foi de 147.332 euros, un 17,3% á media de Galiza.
O noso país foi tamén onde se rexistraron menos cancelacións de hipotecas por cada 100.000 habitantes. Foron 131, por debaixo de Estremadura (131) e en oposición a Cantabria (290) e Baleares (278).
A nivel do Estado, durante xaneiro hipotecáronse 181.296 terreos rústicos e urbanos, un 5,2% máis ca no mesmo mes do ano anterior, por un valor de máis de 30.000 millóns de euros, un 20,8% superior. Tres de cada cinco hipotecas concedéronse dende caixas de aforros, outro 31,5% dende bancos e o resto noutras entidades financeiras. O tipo de xuro foi dunha media do 4,33% a un prazo de 26 anos.