Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeiro goberno sen maioría da súa historia

O reequilibrio de poder ralentiza o camiño á soberanía do Quebec

Malia perderen máis de vinte escanos, os liberais do PLQ formarán goberno. Atrás deles, os autonomistas conservadores do ADQ superaron aos independentistas de esquerda do PQ.

Redacción - 08:00 27/03/2007

Por vez primeira desde 1878 o Quebec estará gobernado por unha formación política que non acadase maioría absoluta na cámara. A outra clave nestes comicios é a caída dos independentistas do Partido Quebequés, PQ, que nunca caeran por baixo do 30% do total do voto.

Os resultados provisionais indican que o Partido Liberal do Quebec, PLQ, perde 24 escanos e queda en 48 deputados. O resto de representantes, e até o total de 125 da Asemblea Nacional, repártese entre o PQ, con 36 deputados, e Acción Democrática do Quebec, ADQ, con 41 asentos.

Xa que logo, o máis relevante é ese ascenso do ADQ, que chimpa desde só 5 deputados a ser a segunda forza en representación, abrindo fenda no tradicional bipartidismo do escenario político local. O novo reparto de poder frea de momento a aspiración do Partido Quebequés cara a un novo referendo sobre a independencia. Con todo, o líder do partido, André Boisclair, é optimista respecto a esa arela. Nas súas primeiras declaracións despois de coñecérense os resultados, o líder dos independentistas insistiu en que alén da conxuntura especial destes comicios "hai millóns de quebequeses que queren que a nosa nación sexa un país de seu".


4,17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: