Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR MOR DO DIÓXIDO DE XOFRE E O NITRÓXENO

A Xunta estudará un incremento nas taxas por contaminación atmosférica

As empresas galega tributaron 20,5 millóns de euros o ano pasado por mor das súas emisións

Redacción - 19:37 26/03/2007
A térmica das Pontes / Foto: Mariano

A térmica das Pontes / Foto: Mariano

A Xunta estudará nos vindeiros meses se é preciso un incremento no Imposto de Contaminación Atmosférica (ICA). Esta taxa, que está vixente dende 1995, grava as emisións de dióxido de xofre e nitróxeno. A directora xeral de Tributos, Rexina Losada, dixo non descartar esta medida para 2008 logo dunha pregunta parlamentaria de María Xosé Veiga, do BNG.

Rexina Losada coida que a lei está a cumprir unha función disuasoria. Lembrou que, antes de que se crease este imposto, a emisións de dióxido de xofre e nitróxeno en Galiza representaban a terceira parte do total do Estado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: