O Goberno iraniano asegura que entraron de xeito “ilegal” nas súas augas e pídenlles que “expliquen a súa agresión”.
Segundo o portavoz de Exteriores de Irán, Ali Hosseini , os quince mariños británicos foron “secuestrados por non respectar as fronteiras internacionais e entrar ilegalmente en augas iranianas”.
A axencia de noticias Fars recolle as palabras de Hosseini e anuncia que os detidos foron levados até Teherán “para que expliquen a súa agresión”. Desde Teherán consideran que a presenza do buque 'HMS Cornwall' nas súas augas era “sospeitosa” e "contraditoria coas leis e regras internacionais”.
Mentres, o Ministerio de Defensa británico asegura que os detidos atopábanse en augas iraquís cando foron apresados. Nesta liña, desde a Unión Europea, a presidencia de quenda alemá esixiu a inmediata liberación e redactará con tal fin unha declaración común que se presentará este mesmo sábado.