Os soldados estaban patrullando augas iraquíes, segundo fontes militares do Reino Unido
A web da BBC acaba de publicar que “quince mariños da Armada Británica foron capturados a punta de pistola por forzas iranianas”. Citando fontes do Ministerio de Defensa, o medio informa que os mariños foron feitos prisoneiros mentres patrullaban nun bote por augas iraquíes no Golfo as 10:30 da mañá.
O Ministerio de Defensa británico comunicou que o grupo capturado inspeccionou un mercante. Cando volvían cara costa foron rodeados por embarcacións de Irán, que os obrigaron a dirixirse a augas británicas. O Ministerio cre que os soldados, do buque HMS Cornwall, están “seguros e a salvo”.
Estados Unidos e o Reino Unido teñen acusado repetidamente a Irán de apoiar aos insurxentes iraquíes. Os británicos controlan Basora, cidade que está moi próxima a fronteira entre Iran e Irak. A resolución deste grave incidente intúese clave para o desenvolvemento da escalada de tensión dos Estados Unidos e Irán.