O grupo de tecnoloxías da información Tecnocom, que absorveu a galega Softgal, anuncia fortes investimentos en Galiza nos dous próximos anos.
A empresa de servizos de tecnoloxía das información e as comunicacións (TIC) Tecnocom anunciou este venres que investirá entre 10 e 12 millóns de euros en Galiza. A sociedade agarda crear 200 novos postos de traballo nos seus centros de produción tecnolóxica da comunidade nos próximos dous anos.
Os investimentos teñen como finalidade dar servizo á demanda de produtos de valor engadido do mercado español e do resto do mundo. A empresa está participada nun 14,37% por Caixa Galicia.
A compañía tamén defende que contratou 50 novos especialistas nos seus centros de traballo en Galicia nos últimos meses. Ademais, indica que ten abertos procesos de selección para outro medio centenar de postos vacantes.