Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo o fiscal do Tribunal Penal Internacional

Bush e Blair poderían ser procesados por delitos en Iraq

O fiscal xeral do Tribunal da Haia, Luis Moreno Ocampo, asegura que cabe a posibilidade de que os dous mandatarios respondan ante a xustiza polos supostos delitos cometidos no país árabe.

Redacción - 14:00 18/03/2007
O fiscal da Haia non descarta procesar a Blair e Bush

O fiscal da Haia non descarta procesar a Blair e Bush

Segundo informa este domingo The Sunday Telegraph, Moreno Ocampo estaría disposto a dirixir unha investigación en relación cos supostos crimes de guerra realizados no país invadido por parte das potencias occidentais. O fiscal arxentino insta a Iraq a que recoñeza a corte para poder así presentar unha denuncia: “Calquera país que se adhira ao Tribunal sabe que quen cometa un delito no seu territorio pode ser procesado por min”.

O xornal británico tamén anuncia que o embaixador iraquí ante as Nacións Unidas, Hamid al-Bayati, recoñeceu que Iraq está a valorar acollerse con tal fin ao Estatuto de Roma de fundación do Tribunal Penal Internacional.

Segundo a información do The Sunday Telegraph, o Goberno de Sudán, que tamén está a ser investigado pola matanza de civís en Darfur, pediulle á corte que investigue as accións da coalición occidental en Iraq. Moreno sinala que se antes da invasión de Iraq o réxime de Hussein se houbese adscrito ao Tribunal, as accións dos EUA e do Reino Unido no país estarían dentro da súa xurisdición.


4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: