Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Conferencia no Consello da Cultura

Slavoj Zizek reflexiona sobre a tolerancia cultural

O filósofo esloveno intervén o venres á tarde en Compostela no segundo relatorio do seminario "Os sentidos das culturas". Žižek falará sobre a concepción no mundo actual de que os conflitos xorden pola intolerancia e non pola desigualdade e a inxustiza.

Redacción - 11:22 09/03/2007
Slavoj Zizek / Foto: Wikipedia

Slavoj Zizek / Foto: Wikipedia

O discurso que pronunciará o relator pódese descargar dende hai unha semana da web do Consello. Nel, explica: “A 'culturalización da política', diferenzas (...) condicionadas pola desigualdade política, pola explotación económica, etc., son naturalizadas/neutralizadas dentro de diferenzas 'culturais', diferentes modos de vida que son algo dado, algo que non pode ser superado senón meramente 'tolerado'”.

O acto comezará ás cinco da tarde na biblioteca do CCG. O seminario desenvólvese mensualmente e analiza as diferentes concepcións da cultura en diversos ámbitos. Os sentidos das culturas está dirixido por Ramón Máiz e contará no mes de abril coa conferencia de Alberto Ruiz de Samaniego.


4/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: