Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O MARTES 5 COMEZA O SEMINARIO O(S) SENTIDO(S) DA(S) CULTURA(S)

O Consello da Cultura abre un ciclo de reflexión

O Consello da Cultura Galega (CCG) inaugura o martes 5 un seminario de reflexión e debate, O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). A institución que preside Ramón Villares promove, deste xeito, un formato que contará coa presenza de destacados expertos de todo o mundo que reflexionarán sobre o futuro da cultura. Para abrir o ciclo, o martes ás catro e media da tarde, o catedrático de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid Félix Duque falará sobre o neohumanismo da non cidade.

- 17:52 06/02/2007
Tags:

O seminario está dirixido por Ramón Maiz e vai ter unha periodicidade mensual. Unha semana antes de cada conferencia, os participantes dispoñerán do texto, para que poidan reflexionar sobre o tema e preparar o debate. O 9 de marzo estará na biblioteca do CCG o esloveno Slavoj Žižek, ao que lle seguirán Alberto Ruiz de Samaniego, no mes de abril; Francisco Jarauta, o 3 de maio; Héctor Díaz Polanco, en xuño; Massimo Cacciari, en outubro, e John Keane, Darío Villanueva e José Antonio Fernández Rota, en datas aínda sen concretar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: