Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O Club Internacional de Prensa organiza dúas sesións

As mulleres nos medios centran unhas xornadas en Compostela

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Club Internacional de Prensa organiza dúas actividades: unha mesa-debate o día 7 ás 18.00 na Facultade de Xornalismo abordará o papel das mulleres nos medios de comunicación, e unha conferencia, o xoves 8 ás 20.30 na Fundación Caixa Galicia leva por título 'Publicidade. Feminino Singular'

Redacción - 01:39 08/03/2007

Na mesa-debate participan a Vicedecana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; a socióloga e profesora da Universidade da Coruña, Carmen Lamela; a xornalista e escritora asturiana Isabel Menéndez, e a recentemente licenciada en xornalismo Susana Pombo. Distintas ópticas analizarán o papel da muller nos medios, tanto no que atinxe á súa proxección social como internamente, no relativo ó eido laboral. Distintas ópticas e visións xeracionais, toda vez que Susana Pombo é unha moza de 23 anos que ben pode representar á xuventude e falarnos da visión que esta ten no relativo á muller na comunicación e no conxunto da sociedade.

Dentro do mundo da Comunicación, o C.I.P. considera fundamental abordar tamén o papel das mulleres no eido da Publicidade, tanto como 'obxecto publicitario' -aínda que os pasos adiantados son moitos neste aspecto- como no tocante ó labor das mulleres como creativas no sector publicitario. É diferente a visión dun creativo e a dunha creativa? Aborda profesionalmente os temas publicitarios de xeito diferente un home ca unha muller? En que tipo de anuncios se utiliza máis á muller como obxecto de atracción e sedución para o mercado? Eva Conesa, directiva do Club de Creativos, abordará este tema.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: