Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"En defensa dos espazos públicos"

Oposición e sindicatos únense á protesta veciñal en contra do edificio da Praza de España de Ferrol

Baixo o lema ‘En defensa dos espazos públicos, non ao edificio da Praza de España’, asociacións e colectivos veciñais, partidos políticos da oposición e sindicatos participaron este domingo na mobilización de rexeitamento ao edificio que se está a construír na céntrica praza ferrolá.

Redacción - 14:00 04/03/2007

Os grupos que conforman a oposición na corporación municipal, BNG, PSdeG e EU-IU, participaron na concentración na que se lle esixe ao concello que paralice a construción do edificio que a empresa Abeconsa constrúe na Praza de España. Trátase dun inmoble que chegará até os 21 metros de altura, con cinco plantas e dous sotos, e que será destinado á explotación privada en concesión durante sesenta anos.

Arredor de 300 persoas, segundo a policía, participaron nesta concentración, a terceira que se convoca na cidade coruñesa por mor do polémico edificio. A anterior, levada a cabo o pasado 21 de xaneiro, convocou a unhas dúas mil persoas. A cita deste domingo xa estaba convocada antes de que Política Territorial ordenase esta semana paralizar as obras por infracción grave ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: