Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA DE "FILLOS"

A "Nación mundial galega" reivindícase na rede

Aproveitando o recente debate estatutario sobre a nación galega, a asociación cultural Fillos de Galicia propón a súa definición. "O pobo galego espallado polo mundo constitúe unha nación non limitada xeográficamente a territorio ningún, nin sequera a Galiza", indican na web creada ao fío desta iniciativa.

Redacción - 12:44 01/03/2007
A bandeira de Fillos para a "Nación"

A bandeira de Fillos para a "Nación"

"A Nación Mundial Galega é o conxunto de persoas que compartimos a mesma orixe étnica e o mesmo sentimento de sermos galegos, e que temos o mesmo idioma, o mesmo conxunto de tradicións e a mesma cultura, con independencia de onde naceramos, onde residamos, ou que documentos de identidade teñamos" recolle o manifesto presentado polo colectivo.
Na mesma liña, mesmo propoñen un símbolo para identificar a esta "Nación Mundial Galega", unha bandeira branca cunha dobre banda azul que, segundo explican, "representa a parte da nación que vive en Galiza e a outra, que se cruza e une coa primeira nun único corpo dunha mesma cor, representa aos galegos de fóra de Galiza". Engaden tamén que as beiras negras representan "a dor, o trauma histórico nacional e persoal que deu orixe á nosa dualidade: o feito histórico da Emigración".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: