Touriño prometeu unha avaliación máis ampla dos resultados, xa que esta segunda feira o partido desenvolverá unha xuntanza para valorar o acontecido neste domingo no que perderon os seus asentos na Xunta.
As caras aquelas que había ao comezo desapareceron por completo. Os ollos vermellos, os beizos xuntos e as facianas baixas percorrían os corredores, acompañando a Touriño cara o soto, onde estaba preparada a súa comparecencia. O líder dos socialistas galegos entrou na sala, acompañado do primeira plana do partido -Ricardo Varela, Mar Barcón, Sánchez Bugallo, Ismael Rego, Leiceaga, María Xosé Caride...-, alén da ministra de Agricultura, Elena Espinosa. Arrodeárono, facendo coma un abano, e Touriño achegouse ao micrófono para felicitar ao Partido Popular pola súa vitoria.
"Recoñecemos a vitoria do PP, a vitoria da democracia, do talante e da participación", recalcou Touriño, tras agradecerlle o apoio recibido aos militantes e simpatizantes dun partido que segue sendo "de loita e de traballo". Saíu entre apertas e ollos nublados. Logo os militantes abrazáronse entre si, e acompañaron o seu líder escadas arriba, outra vez cara o piso non sei cantos no que estivo seguindo, en todo momento, os resultados.
Touriño prometeu unha avaliación máis ampla dos resultados, xa que esta segunda feira o partido desenvolverá unha xuntanza para valorar o acontecido neste domingo no que perderon os seus asentos na Xunta.
A comparecencia de Touriño, arrodeado da primeira plana do PSdeG, de militantes e simpatizantes
A primeira comparecencia no cuartel xeral do PSdeG, correu a cargo de Ricardo Varela, pasaban poucos minutos das 20h00
Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.