Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

Alsacia

Alsacia
    Alsacia é outro dos pobos de Europa que sufriu as consecuencias de vivir entre dous países con aspiracións imperiais.

O territorio de Alsacia, conquistado por Xulio Cesar no S.I antes da nosa era, xa estaba profundamente romanizado cando os alamáns -as tribos xermánicas do Elba- o invadiron no S.V.

Pouco duraría a súa presenza. Logo virían os francos que permaneceron catro siglos até que os alsacianos pasaron a formar parte do Imperio Carolinxio polo Tratado de Meerssen (870).

Deica o S.XVII, cando pasa a ser un protectorado do Reino de Francia, permaneceu baixo o dominio do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que a influencia francesa comezou xa a finais do S.XVI.

Durante ese tempo, o país estivo dividido en feudos e municipalidades, cunha considerábel autonomía que lle permitiu desenvolverse economicamente axiña.

Este privilexio foi abolido logo da Revolución Francesa (1789), cando Alsacia foi absorbida completamente pola nova República.

A área dividiuse en dous departamentos tal e como permanece hoxe en día. O pobo alsaciano continuou a falar o dialecto do alemán, mais o francés ocupaba os rexistros formais e de prestixio.

A maior parte de Alsacia e zonas do seu territorio veciño, Lorena, pasaron a formar parte do Imperio Alemán ao finalizar a Guerra Franco-Prusiana (1870–71)

O 31 de maio de 1911 aprobábase a primeira Constitución de Alsacia-Lorena, unha especie de Estatuto de Autonomía que lle daba certa soberanía lexislativa e executiva

No entanto, mantiña a súa condición de Reichsland do Imperio Alemán, gobernado dende Berlín.

Alsacia-Lorena volveu a Francia en 1919 logo da I Guerra Mundial, regresou a Alemaña en 1940 durante a II Guerra Mundial e finalmente de novo a Francia ao rematar esta, en 1945.

Movemento Alsaciano
A mediados da década de 1920 nace un movemento autonomista a Alsàcia, reprimido rapidamente polas autoridades francesas.

Non puido ser até 1965 que este volve rexurdir, xa que a reivindicación dunha lingua xermana no período posterior ao nazismo era case imposíbel.

Moitos mesmo mudaron os seus nomes e abandonaron o dialecto alsaciano por completo para evitar represalias.

O novo auxe do rexionalismo levou á creación de varios partidos en defensa da identidade propia, o máis importante destes a Unión do Pobo Alsaciano (UPA-EVU).

Lingua
O alsaciano, variedade alemánica (altoalemán), é falado por arredor dun millón de persoas en Alsacia. A política francesa hostil coas linguas rexionais e minoritarias provocou unha perda continua de falantes.

Ademais, o Estado francés habitualmente usou como escusa o feito de que o alemán sexa falado en Alsacia e partes de Lorena para pedir dos estados xermanófonos a aprendizaxe do francés.

Ligazóns relacionadas

Datos básicos

  • NOME:
    Elsàss
  • XENTILICIO:
    Elsässer/alsaciano, alsaciana
  • SUPERFICIE:
    8.280 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    1.829.000 (est. 2008)
  • REXIÓNS HISTÓRICAS:
    Oberrhein, Unterrhein
  • DIVISIÓN ADMINISTRATIVA:
    Rexión francesa de Alsacia, dividida en dous departamentos: Bas-Rhin e Haut-Rhin
    Zona xermanófona da Rexión de Lorena
  • CAPITAL:
    Strossburi
  • OUTRAS CIDADES:
    Colmer, Milhüsa

Política e Economía

  • ESTADO AO QUE PERTENCE:
    República de Francia
  • AUTOGOBERNO:
    Consello Rexional (sen autonomía lexislativa)
  • PRESIDENTE:
    Adrien Zeller (UMP, presidente do Consello Rexional)
    Pierre-Étienne Bisch (prefecto)
  • PARTIDOS E ASOCIACIÓNS:
    UPA-EVU: Unión do Pobo Alsaciano (autonomista)
    NFEL: Foro Nacional de Alsacia e Lorena
    Alsace d'Abord: Movemento rexionalista (extrema dereita)
    Junges Elsàss: Movemento xuvenil, ligado a Alsace d'Abord
    Fer's Elsáss: Asociación por un Estado federal francés
    Unsri-Heimet!: Información sobre o movemento alsaciano
  • PIB:
    Terceiro no conxunto do Estado
  • INDUSTRIA:
    Vitivinícola, automobilística, manufactura, telecomunicacións, farmacéutica

Novas relacionadas

Europa, Terra de Pobos

Alsacia: Unha cegoña entre dúas aguias imperiais

10:45 04/06/2009 - O pobo alsaciano sufriu como tantos outros as consecuencias de vivir entre dous países que de sempre aspiraron a...


Ver Alsacia nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Fotos

Familia alsaciana aprincipios do S.XX A cegoña é símbolo nacional (Frankreich) / Autor: Ela2007 Mapa de Elsàss-Lothringen de 1914 Alsaciana coa bandeira Rot un Wiss, de Charles Spindler Autocolante independentista Egisheim / Autor: Ela2007

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia