Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ufgc

14/Agosto/2007 /

A Unión de Gardas Civís de Galicia sae en defensa do galego

A UGC afirma nun comunicado que "non entende o profundo odio que desata a nosa lingua noutros colectivos", e din sentirse "orgullosos" dela xa que "forma parte da nosa cultura, da nosa historia".


11/Agosto/2007 /

Irisarri considera a polémica "un disparate, un despropósito e unha desmesura"

Iolanda Díaz critica a "hipocrisía" do PPdeG, e apunta que os populares contrataron ao grupo en Valencia, e que "non dixo nada" cando actuou hai un mes en Compostela.


10/Agosto/2007 /

Gardas civís apoian a proposta do BNG de transcribir as denuncias en galego

Pídenlle ao Bloque "que non culpe nin prexulgue á Garda Civil polo que un axente diga en nome dunha asociación que non ten socios", en alusión á UFGC.


9/Agosto/2007 /

A polémica canción da Banda Bassotti foi composta tras o atentado a Carrero Blanco

Os italianos interpretan unha versión do tema que popularizaron nos anos setenta o dúo de cantautores vascos Etxamendi e Larralde, titulado Yup lala! (E voou!). A UFGC uniuse á AVT na súa intención de acudir á Xustiza de ter lugar o concerto do sábado en Ferrol.


9/Agosto/2007 /

O BNG lémbralle á UFGC que os galegos teñen dereito a ser atendidos na súa lingua

"Non só é legal, senón que debe ser o normal e lexítimo nun Estado democrático e conforme aos dereitos humanos máis elementais".