Os galegos gastarán este ano e neste treito de saldos 90 euros de media, un 14% menos que o ano anterior.
Son datos da Federación Galega de Comercio, que tamén estima que as vendas vanse reducir entre un 15 e un 20% esta campaña, con respecto ao mesmo período de 2008.
Con previsión de gasto medio de 105 euros por cabeza, comeza este mércores nos estabelecementos comerciais o tempo de rebaixas.