Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: porto-do-son

18/Novembro/2009 /

PSdeG e BNG obteñen o goberno de Porto do Son entre aplausos e apupos

O novo alcalde, o socialista Xoán Pastor Rodríguez, prometeu "traballo, honradez e capacidade de diálogo" coa oposición.


17/Novembro/2009 /

Unha moción de censura pecha dous anos de paréntese 'popular' en Porto do Son

Socialistas e nacionalistas pactan un novo goberno de coalición fronte a un mandato do PPdeG en minoría.


7/Novembro/2009 /

Unha moción de censura de PSdeG e BNG apartará o PP do poder en Porto do Son

O socialista Xoán Pastor Rodríguez e a nacionalista Ánxela Franco ostentarán os cargos de rexedor e tenente de alcalde, respectivamente.


6/Xaneiro/2009 /

Ramón Sampedro será lembrado de novo o domingo 11

A Asociación Dereito a Morrer Dignamente renderalle unha homenaxe no lugar onde tivo o accidente que o deixou terrapléxico.


2/Xullo/2008 /

Patrimonio axuda a valorizar os petróglifos de Porto do Son

A Consellaría de Cultura calcula que uns 200 xacementos do país están en condicións de recibiren visitas.


29/Decembro/2007 /

O BNG readmite os edís suspendidos de Porto do Son, Corcubión e Muros

Os concelleiros tivéranse que sumar ao grupo de non adscritos por incumpriren o pacto asinado entre socialistas e nacionalistas. Agora, o desacordo co PSdeG á hora de elixir a presidencia da Fegamp fixo que o Bloque retirase a medida.


28/Novembro/2007 /

A rifa da Fegamp reordena a estratexia dos pactos municipais

Os edís do BNG en Corcubión, Muros e Porto do Son poderían volver en breve ás filas da formación, malia racharen no seu momento a orde de pacto cos socialistas nos respectivos municipios.


23/Xuño/2007 /

Collendo as mellores ondas no Porto do Son

Esta fin de semana celébrase a segunda proba do Campionato Galego de Surf e Bodyboard na praia de Río Sieira.