17/Xullo/2007 /
A masiva afluenza de visitantes ás praias e o desleixo dalgunhas administracións máis preocupadas por atraer o turismo, están a provocar a rápida degradación dalgúns ecosistemas dunares, da súa fauna e flora altamente especializadas. Tal é o caso da praia da Corna, entre O Caramiñal e Ribeira, o campo dunar millor conservado do N da ría de Arousa. Alí, unha recente "limpeza" con maquinaria pesada estragou a niñada da única parella de píllara papuda deste contorno. Iso si, a praia loce a Bandeira Azul... Non todo vale para atraer ao turismo!