As fillas de Consuelo González manteñen a esperanza no éxito da Operación Emmanuel, cuxo obxectivo é o rescate da ex senadora, así como da ex candidata á vicepresidencia de Colombia Clara Rojas e o seu fillo, Enmanuel, que bautizou a entrega humanitaria por parte das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia- Ejército del Pueblo (Farc-Ep).
Despois que o presidente de Colombia, Álvaro Uribe Vélez, sinalase que posibelmente as Farc-Ep non teñen ao fillo de Clara Rojas, Emmanuel, e que por iso non entregaran aos tres retidos que prometeran, testemuños de ex reféns deste grupo armado poñen en dúbida as súas afirmacións.