Lembren que a xuntanza lúdico-festiva, "churrascada", convocouse para o día 16 de maio. Preparen bandullos para o Albaroque da Lingua 2007.
"Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha Gran Churrascada pola Lingua (estufada), para reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización".