Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: bernard-cassen

Bernard Cassen
11/Xullo/2008 /

"É absurdo que un francés merque un lapis alemán, e que o alemán merque o francés"

No seu día acuñou o lema 'Outro mundo é posíbel'. Esta quinta feira visitou Oleiros para falar das "contradicións entre o libre comercio e os imperativos ecolóxicos", que analizou tamén para Vieiros.


7/Novembro/2007 /

Os recursos enerxéticos e a pobreza, en Pobre Mundo Rico

As cuestións ambientais e as súas repercusións sobre a economía centran o debate en que participarán Bernard Cassen, Pedro Ramiro, Gema Giner e Marcos Arruda.


28/Maio/2007 /

"A Unión Europea é unha caricatura da democracia representativa"

En español ou en francés, as súas ideas vadían por entre a militancia altermundialista e mais a prensa de referencia. E perante a probábel risada de Tony Blair, é dos que aínda acreditan nunha vella terceira vía para esta nova Europa: inclusión e socialdemocracia. Bernard Cassen foi convidado polo Clube Internacional de Prensa, para falar no ciclo "Os latexos do mundo". Logo, durante a entrevista, apouséntase calmo nas dúas tribunas que sosteñen o seu discurso: a Asociación por unha Taxa sobre as Transaccións especulativas para Axuda aos Cidadáns (ATTAC), da que foi presidente até 2002, e o xornal mensual Le monde diplomatique, do que é aínda director xeral. En ambas, o diagnóstico coincide. O neoliberalismo entraña o virus máis letal do século XXI. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Quico López.


27/Abril/2007 /

"As cousas si poden cambiarse"

Bernard Cassen, voz de referencia sobre a alterglobalización, estivo este xoves en Compostela, onde falou en favor doutra Europa e doutro mundo posíbel.


Bernard Cassen
24/Abril/2007 /

Jarauta e Cassen continúan 'Os latexos do mundo'

O Club Internacional de Prensa continúa con este ciclo, convidando a persoeiros que nos farán achegas ben interesantes en torno á situación política do mundo actual. Esta seman contaremos co catedrático de filosofía Francisco Jarauta e o director de Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen.