O informe de Nacións Unidas advirte que non houbo vontade do deposto goberno Musharraf de protexer a ex primeira ministra e líder da oposición paquistaní.
O ex primeiro ministro Nawaz Sharif, que sufriu tamén un ataque armado o mesmo día do asasinato de Benazir Bhutto, acusou a simpatizantes do presidente Musharraf e anunciou o boicoteo dos comicios.
Acababa de intervir nun mitin da súa formación, en Rawalpindi, ao sur de Islamabad. Outras vinte persoas finaron no mesmo ataque.
Dúas explosións á beira do vehículo no que viaxaba a ex primeira ministra, causaron cando menos 120 mortes e máis de 200 feridos. Bhutto saíu ilesa do atentado.
O presidente é escollido por sufraxio "indirecto", o que prognostica a vitoria de Musharraf, entre a abstención e boicot ao proceso promovida desde varios partidos.