Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: batallon-galicia

12/Agosto/2008 /

Identifican os restos do Comandante Moreno

Unha antropóloga forense da ARMH identificou os restos óseos atopados, esta primavera, nunha foxa na Fonsagrada.


16/Agosto/2007 /

A ARMH atopa outra foxa onde poderían estar os restos do Comandante Moreno

Despois de recuperar até once corpos dos republicanos asasinados na Fonsagrada, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica atopou outro foxo común cos restos de até cinco persoas.


13/Agosto/2007 /

O TSXA di que non houbo prohibición para a exhumación dos republicanos asasinados na Fonsagrada

Ao final o sábado desenterráronse os restos de nove membros do Batallón Galicia soterrados nunca foxa común, a pesar de que supostamente o Xulgado de Castropol tiña prohibido a exhumación.


10/Agosto/2007 /

Un xulgado prohibe as exhumacións de republicanos asasinados na Fonsagrada

O xulgado de Castropol prohibiu o desenterramento dos integrantes do Batallón Galicia que ía realizar a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.


1/Agosto/2007 /

Exhuman os restos de quince republicanos galegos asasinados na Fonsagrada

Alí está o que fica do corpo do Comandante Moreno, case un heroe popular na zona. A ARMH comezará as labores de desenterramento dos corpos o vindeiro sábado 11 de agosto.