Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Baía Edicións publica dous novos libros na súa colección Barriga Verde

Bon appétit e Auga que non vas beber... son as últimas publicacións da editorial galega Baía Edicións

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 28/01/2010 11:57

Baía Edicións publica Auga que non vas beber..., obra gañadora do VII PREMIO BARRIGA VERDE de textos para teatro de monicreques (2009, modalidade adultos). Este libro destaca pola axilidade e a ironía dun texto dramático que entronca co "teatro de Cachaporra" na tradición de Barriga Verde, Blanco Amor e Dieste. O seu autor constrúe un musical satírico para monicreques que, inspirado na tradición oral anticlerical ibérica, conta os amoríos do Padre Damián, párroco de Agolada, cunha moi coñecida Carolina. Autor: Inacio Vilariño e ilustrador da capa: Calros Silvar.

Outro dos títulos que acaba de editar Baía Edicións para a mesma colección é Bon appétit, obra gañadora do VII PREMIO BARRIGA VERDE de textos para teatro de monicreques (2009, modalidade infantil). Esta obra é unha peza de estrutura clásica que ofrece un canto á gastronomía, en que están "moi ben aderezados" os ingredientes dramáticos e culinarios, ademais de adaptarse perfectamente ao teatro de monicreques. Autora: Begoña García Ferreira e ilustrador: Fran Pedreira.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: