Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Caixa de aforros galegas

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Caixa de aforros galegas

Caixa de aforros galegas

Xesús Anxo Barreiro Núñez envíanos dende Lugo esta reflexión sobre as caixas.

Enviada por redaccion redaccion o 26/01/2010 13:18

Como comezo da miña opinión sobre o futuro das caixas galegas quería facer mención  o apuntado no recente libro de Guillermo de de la Dehesa e a todo o publicado por Xavier Vence recentemente.

No que respecta a Guillermo de la Dehesa destacar a parte do seu recente libro titulado:”La Primera Gran Crisis Financiera del Siglo XXI” onde apunta un dato moi interesante onde fai referencia a que as caixas de aforro copaban nas súas respectivas comunidades o 70% do mercado.

En canto a Xavier Vence destacar os seus artigos publicados nos que chega a conclusión de que a concentración das caixas levara a “BANCANIZACIÓN” imposta dende Madrid polo gobernador do Banco de España Fernandez Ordoñez(“Mafo”),;con unha política financieira oposta a que se esta a levar a cabo nos EUA e na UE consistente en evitar e fraccionar a os sistemas bancarios como medida,(entre outras), para dar saída a crise.

Feita esta introdución de argumentos quixera centrarme no debate da fusión das dúas caixas galegas para comentar a postura que o meu entender ten cada un dos tres partidos con representación no parlamento galego e do que o meu modesto entender pasara.
   
En primeiro lugar considerar a postura ideolóxica e de acción do BNG que seguindo o sempre pola formación defendida de unha soa caixa galega forte presentou no Parlamento o “PROXECTO DE LEI DE FUSIÓN DAS CAIXAS GALEGAS”,tendente a consecución da caixa galega única o servizo da economía galega,da sociedade galega e en especial das nosas empresas,sen esquecer a importantísima obra social,en resumo dos aforros e negocios de todos/as os/as galegos/as.

En segundo lugar a postura do PPdeG de sumarse rapidamente a proposta do BNG alegando os mesmos criterios de “GALEGUIDADE” e facendo se aprobase de urxencia a lei e anunciando mesmo recorrer ante o Tribunal Constitucional o FROM
 
En terceiro lugar analizar as distintas posturas do PSdG que difiren entre a Executiva galega que aposta por unha SIP, (manexando datos do Goberno e do Banco de España),o alcalde vigués Abel Caballero  en contra da fusión e o PSdG coruñés  a favor da fusión.
Compre por último mencionar a auditoría encargada polo Goberno Galego a KPMG que baixo a miña apreciación non deixa de ser un elemento mais de parte cociñado a gusto do consumidor.

 O meu parecer o proceso de fusión rematara en que a iniciativa iniciada polo BNG será o mero papel no que o PPdeG escribira a fusión das dúas caixas galegas para entregarllas á Caja Madrid de Rodrigo Rato seguindo o guión previsto na rúa Xénova da capital do reino,non tendo tampouco sentido a postura do PSdG coa SIP que sigue os postulados cociñados na rúa Ferranz  polo PSOE para evitar caiga en mans do PP,(ademais de facer demagoxia política localista en Vigo e A Coruña),que tampouco evitaría as nosas dúas caixas rematasen absorbidas por caixas foráneas.

En conclusión coma sempre Galiza perdera e neste caso un dos bens mais prezados que é o piar da súa economía;pois as súas caixas polo que me sumo e subscribo as teses do profesor Xabier Vence de manter por separado as dúas caixas galegas e evitar o que sería unha debacle irreversible para Galiza.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: