A Concellaría de Medio Rural e Turismo da Estrada organiza as primeiras xornadas de Historia da Estrada centradas na Idade Media. Estas levaranse a cabo o 15 e 16 de xaneiro, ás 19 horas, na Sala de Exposicións Caixa Nova da Estrada.
Na primeira xornada, o venres 15 de xaneiro, intervirán Anselmo López Carreira, coa súa palestra "O contexto Político de Galiza no Mundo", e Mercedes Brea, coa palestra "Os trobadores da Comarca".Ao día seguinte, o sábado 16, ás 10:30 horas, partirá da praza do Concello un roteiro que discorrerá até a Torre de Guimarei e a Igrexa de Ouzande. Pola tarde, ás 19 horas, proxectarase o vídeo "A Estrada románica" e a continuación, o escritor, Xosé Luna, expoñerá a palestra "O noso románico".Con estas xornadas a Concellaría de Medio Rural e Turismo non só dar a coñecer o noso rico patrimonio arquitectónico, senón vinculalo á nosa historia para coñecérmonos mellor as nosas orixes.