Como PREMIO escolleu dúas das obras da natureza máis importantes que temos actualmente en Galicia.
Con motivo da entrega do PREMIO do concurso XOGO DA NATUREZA que realizou Baía Edicións a través da súa páxina web http://www.baiaedicions.net/ nos meses de novembro e decembro de 2009, a editorial informa de que a gañadora de dito concurso foi Isaura García, residente na Coruña. A entrega do premio realizouse nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
Tras a conversa que Baía Edicións mantivo con ela o día da entrega do premio, comentou que a súa participación foi grazas á publicidade que Baía Edicións fixo no AchegArte celebrado o 28 e 29 de novembro de 2009 na Coruña.
Segundo ela mesma comentaba: "As preguntas non eran moi difíciles, pero tiven dúbidas nunha delas". Ao final, a sorte estivo da súa parte e conseguiu o PREMIO tras o sorteo entre todos os acertantes do cuestionario.
Como PREMIO escolleu dúas das obras da natureza máis importantes que temos actualmente en Galicia:
- Guía das aves de Galicia, de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar.
- Guía micolóxica dos ecosistemas galegos, de Marisa Castro Cerceda, Alfredo Justo Fernández, Purificación Lorenzo Castro e Ana Soliño Pérez, con ilustracións de Calros Silvar.
Desde Baía Edicións queremos agradecer a todas as usuarias e usuarios da nosa páxina web http://www.baiaedicions.net/ por participar neste concurso.
De resultar do seu interese a posibilidade de contactar con Baía Edicións para recibir máis información, achegámoslle, o teléfono e correo electrónico da mesma:
Baía Edicións ........................................... 981 174 296
Correo electrónico ................................... comercial@baiaedicions.net