Ven de ser convocado na rede un acto de protesta contra a institución monárquica para a vindeira noiteboa.
Trátase dunha cazolada pola república en que os anónimos organizadores animan a bater en louzas e cazolas mentres dure o discurso do xefe-do-estado-non-elixible, o rei. A difusión converteuse en masiva grazas á técnica de difusión viral favorecida polas redes sociales da internet e mesmo xornais de tirada estatal recolleron a nova como destacada.