Co seu estilo de envolver cousas ponnos a pensar
O escultor galego Xurxo Oro Claro inaugurou a súa nova exposición na Galería Matthias Hauser, en Porta de Aires número 15, da Coruña, que permanecerá aberta até o 16 de xaneiro de 2010.
Xurxo traballa co aceiro inoxidable cromado e tamén co cobre, cuxas láminas une con barras de estaño, para "envolver" cousas de diversa significación.
Figuras como a árbore, nenos, cubo, o home e cadeas, entre outras, deixan ver a súa inquietante creatividade escultórica.