Promover o desenvolvemento personal, a curiosidade polo mundo que os rodea, a convivencia, e a socialización entre os obxectivos destas xornadasque dirixirá Itineris. Trátase dunha iniciativa promovida pola concellería de Participación Cidadá para os mozos mosenses
Aínda quedan prazas para os mozos do municipio de Mos que queiran inscribirse nas Xornadas Multiaventura, que terán lugar o vindeiro mes de setembro en dúas quendas, do día 3 ao 5 e do día 7 ao 13.O horario será de 9.00 a 14.00 horas, excepto cando haxa saídas e acampada que se prolongarán durante toda a xornada. As actividades programadas realizaranse no entorno de Mos, a praia viguesa de Patos e o parque multiaventura A Botica do Lazer, en Portugal.Os participantes contarán con obradoiros de dinámicas grupais, clases de Break Dance, Skate, Graffiti ou Hip-Hop; técnicas teatrais e Risoterapia, rutas de orientación, tiro con arco, escalada en rocódromo, iniciación ao Surf, obradoiro de sexualidade e afectividade, equitación, Paintball, barranquismo, etc.Os interesados aínda poden inscribirse na concellería de Participación Cidadá ubicada no Centro Multiusos das Pozas, ou solicitar máis información na mesma concellería e vía telefónica no 986 33 94 04.
Itineris. A aprendizaxe através do descubrimento e a experimentación ao servizo desta iniciativa do concello de Mos
Profesionais da educación, do voluntariado social e da psicoloxía, educadores, especialistas en tempo libre, consultores e técnicos en saúde e deporte con unha sólida traxectoria no deseño de atractivos e útiles programas de formación e lecer. Con unha equipa así, era inevitable que Itineris prestase unha especial atención aos programas dirixidos aos mozos e aos escolares que pretenden ir máis alá dunha sucesión de actividades lúdicas e deportivas. Unha empresa de turismo activo experta na creación de proxectos educativos de tempo libre.A organización de actividades recreativas, formativas e de lecer, a interpretación e o coñecemento da natureza e a práctica de actividades deportivas de diferente intensidade física que usen expresamente o medio natural, garantindo a seguridade do usuario, sen degradar ou esgotar os recursos é un dos principais obxectivos de Itineris.A experiencia de Itineris no sector, cunha traxectoria de máis de 6 anos organizando actividades e programas educativos e de lecer para entidades públicas e privadas (nos que se ten atendido a máis de 50.000 xóvenes), é o mellor aval para o concello e os pais, xa que Itineris deseña os programas atendendo aos criterios de: seguridade, comodidade e tranquilidade.O seu alicerce no eido educativo fai que Itineris poña especial énfase no deseño de actividades físico- deportivas no medio natural sen ánimo competitivo, de libre desenvolvemento e evolución, dotadas de contidos e das que se pretende que os participantes tiren unha experiencia e un aprendizaxe. A sua ampla experiencia na organización de programas educativos e de tempo libre en todo o territorio galego volcouse na consultoría e deseño de programas formativos, desenvolvendo programas educativos para estudantes de primaria e secundaria tendo en conta factores como o respecto, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento persoal.Entre as suas actividades máis interesantes está a organización de visitas interpretadas que se basean na aprendizaxe a través do descubrimento: Asimilar a información a través do contacto coas cousas, dotando aos mozos de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais.Ademáis de fomentar a convivencia e o respecto, os rapaces observan e interpretan a paisaxe galega atendendo a tres contornos significativos: o interior y o bosque, o medio urbano e a costa.Outro dos obxectivos dos programas educativos de Itineris é que desenvolvan estratexias de coñecemento do contorno e do seu aproveitamento dende unha perspectiva formativa e lúdica, estimulando o desenvolvemento persoal e a curiosidade polo mundo que hai ao noso redor. Esto faise através de obxectivos específicos como aprender a orientarse mediante GPS, brúxulas, mapas e coa interpretación dos elementos naturais, mediante a participación nun proxecto de recollida de datos en equipo, ou interaccionar co medio fomentando as estratexias do desenvolvemento persoal e o mellor emprego do tempo libre.