Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A confraría de Cangas chama á mobilización contra o porto ilegal de Massó

Hoxe, sábado 1 de agosto, os mariñeiros de Cangas convocan unha nova marcha contra o pelotazo urbanístico que pretende Marina Atlántica, Caixanova, no contorno da vella factoría de Massó.

Enviada por lavesedo lavesedo o 01/08/2009 03:14

A manifestación sairá ás 20:00h da Alameda Vella de Cangas e rematará ao pé das obras do porto deportivo de Massó. A confraría confía nun apoio multitudinario do pobo de Cangas e do resto de confrarías da ría de Vigo, tamén prexudicadas pola perda dun laño moi produtivo e polas nefastas consecuencias da modificación de correntes na ría que provocarían os recheos, que xa manifestaron publicamente o seu apoio á marcha.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: