Estudantes de bacharaleto e universitarios únense na defensa
da lingua durante as probas de selectividade.
17 de xuño, Vigo. Nervios, último repaso antes dos exames de selectividade, mais... algo había este ano que non houbo o pasado...
Todo comezou a principios de xuño cando unha moza de Vigo decide crear un evento en Tuenti, "EU ♥ O GALEGO", para animar á xente da súa idade a que fose á selectiviade con camisolas que levase ese lema. Aos poucos días é apoiado por máis de 3.200 persoas, pódese dicir logo que á xente nova non lle preocupa o galego?
Así podíanse ver o día de hoxe fatos de mozos, moitos do IES San Tomé de Vigo, coma as mozas da foto, coas camisolas engalanadas por detrás cos famosos versos
"Lingua proletaria do meu pobo,
eu faloa porque si, porque me gosta
porque me peta e quero e dame a gana".
Iso non foi todo, un grupo de universitarios en plenos exames decidir facer unha parada e aportar o seu gran de area. Xente da recén creada Asociación Trabalingua, así coma algúns membros dos Comités, estiveron repartindo as chapas de "Busco amante galegofalante" entre os mozos. Así no exame de galego as chpas locían nas camisetas de alumnos e mestres que se animaron a poñelas. Asimesmo encargáronse de distribuír camisetas e uns panfletos nos que se pide na defensa da nosa lingua "erguer as nosas voces, pois o futuro do galego está nas nosas mans".
A Asociacion trabalingua, cun mes de existencia polo de agora, xurdiu no seo da Universidade de Vigo como resposta á necesidade de que exista un colectivo de mozas e mozas universitarios implicados na cuestión idiómática e na promocion e defensa do galego en todos os ámbitos da universidade. Seguro que de aquí en diante dará moito que falar.