Vieiros

Vieiros de meu Perfil


PATRICIA NOGUEIRA ESTREA EN A CORUÑA “SAN SALVADOR. PRESOS EN CELANOVA”

O acto terá lugar ó día 25 de xuño as 20:00 hras. no Museo de Arte Contemporáneo UNION FENOSA “MACUF”

Enviada por Punal Punal o 16/06/2009 19:05

Con motivo do trinta aniversario da morte de Celso Emilio Ferreiro, Patricia Nogueira estrea en A Coruña  o documental “San Salvador. Presos en Celanova”.  O filme relata a historia do mosteiro que se converteu en cárcere durante a guerra civil. A historia do poeta engaiolado na súa Longa noite de pedra, a do galeguista Elíxio Rodríguez ou a de Celso de Poulo, alcalde asasinado nos arredores de San Rosendo, forman parte da película. O acto terá lugar ó día 25 de xuño as 20:00 hras. no Museo de Arte Contemporáneo UNION FENOSA “MACUF” Avda de Arteixo 171 A Coruña, e contará coa colaboración do escritor e editor Miguel Anxo Fernán-Vello, o dramaturgo Gustavo Pernas e Celestino Poza, concelleiro de Cultura de Culleredo e presidente do Instituto de Estudios Políticos e Sociais, que intervirán  na homenaxe e posterior faladoiro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



PATRICIA NOGUEIRA ESTREA EN A CORUÑA “SAN SALVADOR. PRESOS EN CELANOVA”